Como é a nosa casa?

A Casa dos Pedrouzos ten unha estructura un tanto peculiar: consta de un “cuadrante central” onde se atopa a cociña-comedor (con caìnzo) e o salón. Arredor deste, atopamos as catro habitacións, a diferentes alturas, e as dúas entradas á casa.

A cociña – comedor está situada na parte central da casa. Consta de unha zona de cociña con vitrocerámica e forno eléctricos, fregadeiro, microondas, cociña e forno de leña, neveira, conxelador e armarios con toda a menaxe necesaria. Na zona de comedor, unha mesa grande con cadeiras.

Na parte alta da cociña, consérvase o espazo que antigamente era o secadeiro dos chourizos e que actualmente contén un pequeno espazo luminoso cunha pequena mesa e un armario grande con menaxe de cociña.

O salón está situado a continuación da cociña, a diferente altura. Consta de dous sofás, unha mesa extensible con cadeiras, un armario e o rincón estrela da casa: a chimenea! Tamén hai TV, reproductor de DVD e varios xogos de mesa.

Habitación Grande:

Situada enriba do salón, consta dunha cama de matrimonio con mesiñas, un armario grande e unha cómoda cun espello grande así como unha ventá con vistas a parte da finca. Pegado a esta, un cuarto de baño con bañeira, vater, vidé e lavamáns.

Habitación da avoa:

A habitación máis luminosa da casa, contén dúas camas individuais, un armario e un especial ventanal. O cuarto de baño desta habitación atópase debaixo da mesma e consta dun prato de ducha, vater e lavamáns.

Habitación Noa:

DSC03449Na parte alta da casa, a particularidade desta habitación (ao igual que a de Faia) é que a cama está nun altiño abuardillado con ventá tipo velux. Consta de unha cama de matrimonio e un gran armario.

O cuarto de baño consta dunha bañeira moi especial que está situada na antiga lareira da casa co que é posible bañarse mentres se observa a fermosa chimenea no teito.

Este cuarto de baño é compartido entre as habitacións Noa e Faia, xa que se sitúa xusto no medio das dúas.

Habitación Faia:

Ao igual que habitación Noa, as camas están nun altiño abuardillado con ventá velux. Neste caso a habitación consta de dúas camas individuais en forma de litera. Na parte de abaixo un armario.

Advertisements

Se che presta, escribe un comentario!

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s