Turismo rural – Grupo-B (Casa de Aldea)
A Casa dos Pedrouzos é unha pequena casa típica de arquitectura popular do rural galego.
Está situada en Doncos, no concello de As Nogais, unha fermosa aldea dos Ancares lugueses onde ainda é posible desfrutar do tempo con tranquilidade e do aire puro á vez que se comparte conversa co vecindario, sempre hospitalario e amable.
Na restauración da casa (baixo a direción de Montserrat Aira López) conservouse a estrutura orixinal e utilizáronse os materiais tradicionais da zona: pedra de laxa, lousa, madeira de castañeiro… A todo isto engadíuselle unha decoración sinxela pero acaída co que se conseguen ambientes cómodos e agradables.
A casa ten capacidade para 10 persoas (catro habitacións dobles e dúas camas supletorias) e está situada nunha finca de 3.600 metros cadrados.