Jose Ramón Varela

Unha das mellores casas nas que estiven. Pasamos o fin de ano en familia (4 parellas e 3 meniñas). A casa está chea de recovecos onde enredar ou descansar un anaco. Encantáronnos as diferentes estancias da casa, moi orixinal. A atención dispensada por Tereixa (dona) foi inmellorable, sempre preguntando se todo vai ben. Ah, para mín algo moi importante: admiten mascotas, polo que puiden pasar eses días na compaña das miñas 2 galguiñas!!! Repetiremos seguro!!!

– decembro ’15 –

Advertisements